Celebración do Campamento de verán en Coruxo en colaboración co C.R.A.C.C. e patrocinado polo Concello de Vigo. Durante 4 semanas consecutivas impartíronse charlas sobre o manexo dos aparellos de navegación en gamela e leváronse a cabo diversas actividades cos rapaces participantes, como saídas a vela pola Ría e pesca con liña.